O Departamento de Grego do IES de Ames convidou o Departamento de Grego do IES Eduardo Pondal a que nos deleitasen cun obradoiro de moda clásica.
Os alumnos e alumnas de Cultura Clásica, Grego e Latín, así como o alumnado do Club de lectura de Antigüidade Clásica aprenderon a facerse e vestirse cun “hymatión", un “pelo xónico” ou unha toga romana. Tamén imitaron escenas emblemáticas de cerámica grega.
O alumnado rematou a xornada facendo unhas coroíñas para asistir a un simposio e tattoos clásicos con fermosas frases de Homero, como οίνοψ πόντος (mar cor de viño), ou μολών λαβέ ("vén collelas"), a desafiante resposta do rei espartano Leónidas aos persas cando lle pediron que depuxera as armas; a famosa "Alea iacta est", que pronuncia Xulio César ao cruzar o Rubicón ou o fermoso verso de Píndaro σκιάρ όναρ ανθρώπος, "o home é soño dunha sombra".
Agradecemos moito a profesora Susana Losada Soto e aos seus alumnos Hugo, Alexandra, Aldara e Eva a sua xenerosidade ao compartir connosco o seu tempo e o seu saber. Parabéns ao noso alumnado polo seu traballo no obradoiro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario