20/06/24

Unha comunidade inclusiva en movemento

 Durante o presente curso, ao igual que en anos anteriores, leváronse a cabo unha ampla variedade de actividades ao abeiro do Proxecto deportivo do centro, dentro do Plan Proxecta, que tiveron por obxecto o incremento da actividade física entre o alumnado do IESP de Ames.

Ademais da programación diaria de actividades entre as que destacou o voleibol, o bádminton, o Just dance, os bailes latinos ou o patinaxe, houbo outras actividades máis extraordinarias como a Carreira solidaria San Silvestre, o Torneo de tenis de mesa ou a Viaxe a San Isidro.

Formatos e contidos diferentes que tiveron por caso chegar á maior variedade do alumnado posible e incrementar os espazos de aprendizaxe da nosa comunidade.

Para o vindeiro curso, máis e mellor!





Ningún comentario:

Publicar un comentario