30/05/24

Club de lectura de sostibilidade

Durante este curso creouse un Club de lectura de sostibiblidade, formado por alumnos e alumnas de 1º ESO, en colaboración co proxecto Patio con(vida) que se está a desenvolver no centro desde o curso 2020-2021 ao abeiro do Proxecto Terra, do Plan Proxecta.

Os alumnos e alumnas do club realizaron varias lecturas e diferentes actividades relacionadas con esas lecturas. Estas lecturas fóronse facendo ao longo do curso e algunhas delas de xeito paralelo.

E xaneiro, os integrantes do club comezaron a ler  Everyday Nature. How noticing nature can quietly change your life, de Andy Beer, publicado en 2020 polo National Trust.


O libro está scrito a modo de diario no que cada día se trata un elemento da natureza que ten un papel destacado nese momento do ciclo natural anual. A estrutura do libro posibilita que cada día poidamos ler a historia do día correspondente no calendario.

A metodoloxía de lectura foi a seguinte: ao estar o libro escrito en inglés, a profesora mediadora realiza previamente a tradución da historia corrrespondente, e cada día un alumno ou alumna le esa historia para todo o grupo. A lectura acompáñase da proxección de imaxes relacionadas co elemento da natureza tratado (flora, fauna, fenómenos meteorolóxicos, celebracións, etc.) e unha reflexión conxunta sobre esa temática.

Ademais, a lectura deste libro, inspirou a idea de facer a nosa propia versión dun diario de natureza cotiá no eido do centro. Polo de agora, comezamos por manter a historia do libro e engadir unha fotografía do elemento tratado tomada no noso eido, mais para o vindeiro curso, propoñémonos facer o noso propio calendario.

O grupo tamén leu dous libros relacionados con plantas, A tus plantas,Alpujarra, de Sandoval, A. e Donat, J., publicado pola Asociación de Mujeres de Orgiva no 2007; e O Herbario de Rosalía, de López-Sandez, M., Fraga Vila, M.I e Fraga Vila, M., publicado pola Fundación Rosalía de Castro en 2022. 



No proxecto Patio con(vida) vense traballando desde o curso 2020-2021 na elaboración dun herbario coas plantas documentadas no eido do centro. Co herbario xa realizamos unha exposición no curso 2021-2022 titulada Flores para Rosalía, de poemas de Rosalía que mencionaran flores documentadas no eido do centro e a correspondente planta. 

Estes dous traballos inspiráronnos para comezar un herbario dixital que complemente ao herbario analóxico do que dispoñemos na actualidade. Podedes ver aquí unha mostra dos resultados provisionais:

Ningún comentario:

Publicar un comentario