Os alumnos e alumnas de 4º ESO A da materia de Xeografía e Historia investigaron sobre a vida cotiá e as festas nos anos 60 e 70 como parte do proxecto de Educación patrimonial do Plan Proxecta e de Polos creativos.
O alumnado realizou unha investigación a través da metodoloxía de historia oral nas familias e da consulta de fontes secundarias sobre vestimenta e accesorios, comida e bebida, música e baile. Reinterpretando roupa e accesorios que tiñan por casa fixeron as súas propias recreacións da vestimenta e prepararon distintas coreografías ao son da música da época. O twist e o disco foron os estilos de música e baile que máis triunfaron.
O 28 de maio, co resultados das súas investigacións, o grupo recreará un guateque con comida, decoración, vestimenta, música e baile da época, contribuíndo así a manter vivo o patrimonio material e inmaterial dese período.
Ningún comentario:
Publicar un comentario