06/05/24

Re-creando a arte contemporánea

 Os alumnos e alumnas de 4º ESO A e B da materia de Xeografía e Historia seleccionaron e recrearon obras de arte de época contemporánea como parte do proxecto Educación patrimonial do Plan Proxecta, e Polos creativos.

Os alumnos e alumnas investigaron sobre o patrimonio artístico e recrearon de xeito sostible eses cadros, utilizando elementos de vestimenta e obxectos que tiveran en casa. Deste xeito achegáronse ás técnicas pictóricas da pintura contemporánea e tamén foron quen de comprender mellor o significado das obras.

Recoñecedes os seguintes cadros? Dámosvos os nomes, a ver se vós sabedes identificar a que cadro recreado se corresponde: As espigadoras, de Jean- François Millet (1857), Dúas rapazas, de Pierre-Auguste Renoir (1890-1892), A familia do pintor, de Matisse (1911), Escena de costume andaluza, de Luis López Galindo (1999), Prisioneiros da fronte, de Winslow Homer (1866).





Ningún comentario:

Publicar un comentario