10/05/24

Prospectando no eido do IESP de Ames

O alumnado de 1º de ESO A da materia de Xeografía e Historia participou nun obradoiro de Arqueoloxía desenvolvido pola arqueóloga Leticia Tobalina Pulido, do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit, CSIC).

Con este obradoiro, Leticia pretende achegar os alumnos e alumnas ao coñecemento da Arqueoloxía como ciencia e á prospección como metodoloxía arqueolóxica. Esta actividade desenvolveuse ao abeiro do proxecto Educación patrimonial, do Plan Proxecta.

O obradoiro dividiuse en cinco sesións. A primeira consistiu nunha introdución á arqueoloxía. 

Na levouse a cabo a simulación dunha prospección arqueolóxica: Nela, o alumnado peiteou a superficie dunha zona do eido na procura de elementos arqueolóxicos e xeolocalizou os seus achados. 

Na terceira sesión os alumnos e alumnas clasificaron o material arqueolóxico recollido e descartaron aqueles elementos apañados por confusión. 

A quinta sesión comprendeu o estudo pormenorizado do material documentado e, finalmente, na sexta sesión o alumnado realizou cartografía en liña, elaborou as conclusións e valorou o aprendido nas sesións anteriores. 

Os alumnos e alumnas gozaron da actividade e do tempo ao aire libre. Moitas grazas, Leticia, pola marabillosa experiencia. Esperamos que volvas o vindeiro curso!!


Leticia dando instrucións ao alumnado antes de comezar a prospección.

Dous momentos da prospección. Na primeira fotografía, os alumnos e alumnas están realizando a prospección formando unha ringleira. Na segunda fotografía, os rapaces e rapazas, organizados en grupo, outorgan un código de rexistro ás pezas atopadas.



Durante a terceira sesión, desenvolvida na aula exterior da fraga do NW, o alumnado clasificou o material rexistrado e descartou as pezas non arqueolóxicas.




Os alumnos e alumnas clasificaron o material documentado durante a prospección en diferentes categorias, seguindo as indicacións de Leticia e guiándose polas reconstrucións que a arqueóloga lles facilitou.

Os alumnos e alumnas traballaron na cartografía en liña, debateron e redactaron as conclusións finais do traballo nun storymaps, e reflexionaron sobre a súa aprendizaxe ao longo do obradoiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario