20/05/24

Día mundial das abellas

O 20 de maio celébrase o Día mundial das abellas. Unha conmemoración que xurdiu para concienciar á poboación da importancia das abellas para o equilibrio ambiental, pero que evoluíu para incluír toda a diversidade de polinizadores e o seu papel vital para o mantemento dos ecosistemas.

Tendo como referencia esa celebración, o alumnado de 1º ESO, participante no proxecto Patio con(vida), dentro do Proxecto Terra do Plan Proxecta, plantou ao longo do curso diferentes plantas aromáticas e tamén plantas de flor que sirvan como refuxio para os polinizadores e sexan pouco consumidoras de auga (erigeron, euryops, eristemon e diosma).

Moi bo traballo, rapazada!! Esperemos que sobrevivan todas elas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario