14/11/23

XIV edición do Día da ciencia en galego

Durante o mes de novembro de 2023 celébrase a XIV edición do Día da Ciencia en Galego que ten por obxectivo divulgar a ciencia realizada en lingua galega.

Todos os anos o Día da Ciencia en Galego ten un lema, así como un homenaxe a un científico ou científica do ámbito mundial e un científico ou unha científica de ámbito galego.

O lema da edición deste ano é Saúde para todos. Dentro deste campo de investigación o científico internacional é Alexander Fleming, mentres que a homenaxe dentro da comunidade científica galega recae en Domingo García-Sabell.

Alexander Fleming é un científico cuxa investigación salvou e continúa a salvar millóns de vida. Domingo García-Sabell foi médico, escritor, político e académico 



Premede aquí para coñecer as conferencias que serán impartidas por igaciencia como parte do mes da ciencia en galego. 

Tamén podedes ver os vídeos de Cienciaclip e de Xeoclip e escoitar episodios do programa Efervesciencia.



Coma sempre, podedes visitar a exposición sobre bibliografía e filmografía relacionada coa ciencia en galego e reservar aquela lectura, documental ou película que máis che interese.

Ningún comentario:

Publicar un comentario