13/06/23

Día internacional do orgullo

O día 28 de xuño celébrase o Día Internacional do Orgullo ou do Orgullo LGBTQI+. Este día celébrase mundialmente en conmemoración da Rebelión de Stonewall de 1969, na que se produciron unha serie de manifestacións espontáneas contra unha redada policial en contra das persoas homosexuais e de diferentes identidades e orientacións sexuais e de xénero.

Esta data serve para visibilizar as reivindicacións das persoas LGBTQI+ e promover as súas reivindicacións de respecto e plena integración na sociedade.

Deixámosvos a seguir algúns vídeos de cancións con temática LGBTQI+:







Ningún comentario:

Publicar un comentario