07/06/23

Club de lectura internacional de memoria democrática

Durante este curso inauguramos un Club de lectura internacional online. Trátase dun club de lectura de narrativa relacionada coa memoria democrática e foi creado ao abeiro do PFPP Redes de cooperación para a memoria democrática e a sostibilidade. No club participaron alumnas e alumnos do noso instituto de 4º de ESO e 1º de bacharelato, e alumnos e alumnas da Escola secundária José Afonso, no Seixal (Portugal).

O alumnado do IESP de Ames leu o libro Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, mentres que os alumnos e alumnas de Portugal leron o libro Não nos roubaram a esperança, de Júlio Magalhães.

O 31 de maio realizouse unha xuntanza virtual do club de lectura na que o alumnado de cada instituto presentou ao outro instituto o libro lido, relacionándoo coa memoria democrática de ambos países.

Este encontro resultou moi interesante e o grupo xa está facendo plans para o vindeiro curso intentar pasar da xuntanza virtual á unha xuntanza na realidade. Ata ese momento, seguirán compartindo lecturas. Bo traballo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario