Os alumnos e alumnas de 1º de ESO da materia de Xeografía e Historia realizaron unha investigación sobre a vida cotiá na antiga Roma, caracterizáronse como romanos e romanas e organizaron un convivium, unha celebración recreando a comida, vestimenta, música e ambiente romano.
Esta investigación foi feita ao abeiro do programa Educación patrimonial, dentro do Plan Proxecta. Tamén se empregaron recursos facilitados polo proxecto Polos creativos, ambos da Consellería de Cultura, Educación e Universidades.
A seguir podedes ver algunhs das recreacións realizadas polos alumnos e alumnas. Moi bo traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario