07/06/23

Intercambio de clubs de lectura

Os clubs de lectura de narrativa galega do IES Chano Piñeiro e o IESP de Ames realizaron un intercambio literario para compartir os seus gustos literarios e coñecer respectivamente o instituto e a contorna de cada unha das partes.

Os alumnos e alumnas do noso centro visitaron o instituto de Forcarei e visitaron os lugares máis característicos de Forcarei e, posteriormente, os alumnos e alumnas de Forcarei visitaron o noso instituto e a nosa contorna.

Esperamos volver repetir experiencia en próximos cursos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario