01/06/23

Día mundial do ambiente

O 5 de xuño celébrase o Día mundial do ambiente. Esta conmemoración, foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1972 xunto coa creación do Programa das Nacións Unidas para o ambiente.

No instituto aproveitamos ese día para realizar diferentes actividades relacionadas co ambiente, nomeadamente desde os proxectos Patio con(vida), Cultura da sostibilidade V, e Redes de cooperación para o traballo na memoria democrática e os dereitos humanos, así como no marco dos polos creativos.

Ao estarse achegando o fin de curso e os alumnos e alumnas  participantes no proxecto Patio con(vida) están a realizar as últimas actividades de catalogación da edición deste ano. Podedes consultar as especies na nosa sección dentro da aplicación I-naturalist.

O censo de aves aumentou a 29 neste curso, a Lavandeira real e o Mergullón pequeno son as incorporacións máis recentes, que puidemos documentar grazas á nosa cámara de detección de movemento como vemos neste vídeo. Podedes consultar o catálogo premendo aquí.



Ademais das aves seguimos catalogando insectos, arácnicos, réptiles, mamífero e todo tipo de fauna. A última visita documentada polo de agora foi a da Phyrrhosoma nymphula, tamén coñecida como cabaliño do demo vermello ou damisela vermella.


As plantas non quedan atrás. Seguimos identificando novas plantas autóctonas, a máis recente a Aquilea vulgaris, coñecida como paxariños, herba dos pitos, ou bonete.


Os alumnos e alumnas de Cultura da sostibilidade V prepararon un marabilloso Photocall especialmente para conmemorar este día. Ademais, elaboraron diferentes pancartas con frases inspiradoras en relación ao coidado do ambiente que se podían amosar como parte do retrato. Incluimos algúns exemplos de retratos para que vexades que ben quedaron.




Os alumnos e alumnas participantes no proxecto Redes de Cooperación de memoria democrática e dereitos humanos tamén prepararon unha interesantísima actividade. Para conmemorar este día os alumnos e alumnas participantes no proxecto We love our environment (que implica ao Lycee de Grombalia" Tunez,  o IES de Cantabria e o IESP de Ames) elaboraron carteis sobre o Dia mundial do ambiente que colocaron nun panel de exposicion da biblioteca.






Ademais, estes días poderá verse na pantalla da biblioteca unha  presentacion con carteis expostos nos paneis.


No espazo Maruxa Mallo podedes visitar unha exposición sobre bibliografía relacionada co Día mundial do ambiente, no que ademais dámos a coñecer libros de lectura fácil adquiridos recentemente. Esperamos que vos gusten!






Deixámosvos a seguir unha escolma de cancións relacionadas co medioambiente. Se tedes calquera suxestión, non dubidedes en facérnola chegar para ir aumentando o noso repertorio!

Respire, de Mickey 3D

A beautiful lie, de Thirty seconds to Mars

Colores en el viento, da película Pocahontas

Le Pire, de GIMS

What I've done, de Linkin Park

Aux arbres citoyens, de Yannik Noah


Tout le bonheur, de Sinsemilia

Madre tierra, Macaco

Earth song, de Michael Jackson

Páramo Pictures parodia a canción Despacito, de Luis Fonsi,  na súa canción Alcolitos.

Imagine, de John Lennon

Ningún comentario:

Publicar un comentario