29/05/23

I Xornadas de mediación

O venres, 26 de maio, celebráronse as I Xornadas de mediación, nas que participaron alumnos e alumnas do Equipo de mediación.

Estas xornadas comezaron cun xantar en grupo no que o equipo puido coñecerse mellor e debater sobre temas relacionados coa convivencia e a mediación.

A seguir, o equipo levou a cabo diferentes actividades relacionadas coa mediación, así como simulacións de diferentes situacións de conflito e resolución deses conflitos a través da intervención.

Por último, o grupo participou nunha actividade de baile latino, guiada polo profesor Gonzalo Berdeal, e explorou as posibilidades do baile, a música e as actividades grupais para favorecer a convivencia e o estreitamento de vínculos entre as persoas.

Moitos parabéns aos alumnos e alumnas do equipo de mediación por todo o traballo realizado ao longo do curso e moitos azos para continuar con ilusión o vindeiro curso!


Ningún comentario:

Publicar un comentario