24/05/23

Visita do IES Milladoiro e entrevista de radio

Os alumnos e alumnas do IES Milladoiro que están a participar no proxecto Ao son da paisaxe visitaron o noso centro para coñecer as accións levadas a cabo no noso eido no proxecto Patio con(vida) ao abeiro do Proxecto Terra do Plan Proxecta.

Durante a visita percorreron diferentes espazos do eido: o xardín norte, onde observaron a aula exterior, o espazo de exposicións e a estación meteorolóxica; a casa dos insectos e o xardín de plantas aromáticas; a arquitectura viva, a pradeira natural; o mural de pintura fotocatalítica; e a fraga do NW, coa súa aula exterior e a charca.

Ao final da visita, o grupo colocou barquiños de papel cos seus nomes na charca. Esperamos que vos teña gustado a visita e esperamos volver vervos axiña!




Posteriormente, o día 1 de xuño, os alumnos e alumnas do IES do Milladoiro realizaron unha entrevista a un grupo de alumnas que están a traballar na dinamización ecosocial do eido dentro do proxecto Patio con(vida). 

A entrevista foi realizada por teléfono e para asegurar a calidade acústica, as alumnas utilizaron as instalacións da flamante nova radio do IES de Ames, creada ao abeiro dos Polos creativos, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O illamento acústico permitiu obter o silencio necesario para poder realizar a entrevista coa calidade de son axeitada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario