23/05/23

Exposición ao aire libre

Agora que vai sol e calor, os alumnos e alumnas de 1º de ESO da materia de Xeografía e Historia decidiron amosar ao resto da comunidade educativa o herbario de plantas da contorna e do eido do propio centro que estamos construíndo cooperativamente desde hai seis anos ao abeiro do Proxecto Terra, e Educación Patrimonial, ambos do Plan Proxecta.

O primeiro herbario que realizamos era  sobre plantas das zonas de procedencia do alumnado que recolleron e clasificaron grazas á axuda da familia. Hai tres anos comezamos a facer un herbario coas plantas do eido. Algunhas das plantas recollidas foron empregadas para a exposición Flores para Rosalía, polo que este ano estamos a recoller de novo esas plantas ademais de engadir as plantas de nova catalogación durante o presente curso.

Parece que se achega unha semana chuviosa, así que imos poñer a proba a eficacia das bolsas con peche hermético. Esperamos que funcionen!


Ningún comentario:

Publicar un comentario