28/05/23

Pasando a remuda da memoria histórica III

Os alumnos e alumnas de 4º ESO A e B da materia de Xeografía e Historia participaron na terceira edición do proxecto Pasando a remuda da memoria democrática. Trátase dunha actividade realizada ao abeiro do proxecto Educación patrimonial do Plan Proxecta, e do PFPP Redes de cooperación para a memoria democrática e os dereitos humanos. Esta actividade foi realizada tamén no marco dos Polos creativos.

A actividade consiste en que o alumnado recolla testemuñas na súa propia familia sobre as súas experiencias durante a Guerra Civil española, a Ditadura franquista ou a Transición democrática. Para esas recollas de información o alumnado utiliza a metodoloxía de Historia oral e posteriormente analiza a información ofrecida polas testemuñas en relación á información histórica existente. Desta forma, o alumnado contribúe activamente ao coñecemento da historia máis cercana e a encadrala na historia global, toma a remuda da memoria familiar e participa na creación dunha memoria democrática colectiva e a gobernanza deste patrimonio controvertido.

Deixámosvos a seguir algúns exemplos. Se queredes coñecer máis historias podedes facelo no Museo Virtual KaleidoScapes.

Agradecemos o excelente traballo do alumnado e a axuda xenerosa das familias e a súa contribución a conservar entre todos a memoria democrática. Moitas grazas e moitos parabéns!


Ningún comentario:

Publicar un comentario