Os alumnos e alumnas de 4º ESO A e B da materia de Xeografía e Historia realizaron unha investigación sobre a música jazz e o baile swing no período de entreguerras e realizaron unha recreación da vestimenta, accesorios, estilo e baile da época.
Esta actividade encádrase no programa Educación patrimonial do Plan Proxecta, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Ademais, os alumnos e alumnas participaron nun obradoiro de baile swing impartido polo bailarín Carlos Tomico, da Academia Alfaia, de Santiago de Compostela.
Nestas fotos podedes ver como recrearon o estilo dos mozos e mozas do período de entreguerras. Tamén podedes premer aquí para ver un vídeo explicativo sobre Louis Armstrong, e aquí para ver unha coreografía interpretada polo alumnado. Moitos parabéns polo excelente traballo e por manter vivo o patrimonio material e inmaterial da época.
Ningún comentario:
Publicar un comentario