16/05/23

Día da Educación Física no centro

 O 26 de abril celébrase o Día da Educación Física na Rúa, unha data na que se amosa a importancia da Educación Física para o desenvolvemento integral e integrado en todas as idades, conciénciase dos problemas do sedentarismo e difúndese a actividade física saudable.

Esta xornada foi celebrada por primeira vez en 2011 por COLEF Asturias e na actualidade desenvólvese en trece comunidades autónomas, entre elas Galicia.

Con motivo desta celebración leváronse a cabo diferentes actividades no centro o abeiro do Proxecto Terra e do Proxecto deportivo de centro, ambos pertencentes ao Plan Proxecta.

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO A, B e C das materias de Educación Física, Matemáticas, e Xeografía e Historia, participaron na II xincana polo eido do centro guiados polos alumnos e alumnas de 3º ESO G. Os participantes tiveron que orientarse polo eido, atopar diferentes fitos e realizar probas relacionadas coas materias mencionadas.

O 16 de maio anunciáronse os equipos gañadores da xincana. O alumnado fixo un traballo excelente, e tanto foi así que houbo dous equipos vencedores: o equipo formado por Adrián Rodríguez, Darío Boquete Calvo eYago Silvenda, de 1º ESO A, e o equipo formado por Iván Barreal, Candela Abelleira, Sara Muñiz e Samuel Iglesias, de 1º ESO B. Moitos parabéns!

Os organizadores de 3º ESO G, que fixeron un traballo excelente de organización, máis os equipos gañadores foron premiados cunha merenda da que desfrutaron no xardín norte aproveitando o soliño e rodeados polo cantos dos paxaros.

Moitos parabéns a todas as persoas participantes!


Ningún comentario:

Publicar un comentario