05/05/23

Feira das profesións 2023

O xoves 4 de maio tivo lugar no noso centro a Feira das Profesións 2023 organizada polos departamentos de orientación do IESP de Ames, IES de Brión e IES Xulián Magariños de Negreira. Na organización xogou un papel fundamental o alumnado voluntario de 4º de ESO e 1º de bacharelato. 

Tamén participaron neste evento os Concellos de Ames, Brión e Negreira e as ANPAs dos tres centros.

A feira das profesións tivo lugar no salón de usos múltiplos do centro (SUM), foi inaugurada ás 10:00 e clausurada ás 18:30. Pola mañá, de 10:00 a 14:00, a feira foi visitada por todos os alumnos e alumnas do centro, así como por alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de bacharelato dos IES de Brión e IES de Negreira. Pola tarde, de 16:00 a 18:30, tivo lugar unha xornada de portas abertas para alumnado e familias de toda a contorna.

A feira contou coa presencia de numerosos expositores. Neste expositores estiveron representados centros de diferentes niveis educativos de ensino medio (IES, CIFP), ensino superior (universidades) e ensino de réxime especial (CFEA, EOI e escolas de arte), así como profesionais de diferentes campos e disciplinas.

A feira das profesións foi inaugurada ás 10:00 e clausurada ás 18:30. Pola mañá, de 10:00 a 14:00, a feira foi visitada por todos os alumnos e alumnas do centro, así como por alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de bacharelato dos IES de Brión e IES de Negreira. Pola tarde, de 16:00 a 18:30, tivo lugar unha xornada de portas abertas para alumnado e familias de toda a contorna.

Deixámosvos algunhas fotografías que recollen o ambiente da feira das profesións deste curso. Esperamos que vos teña gustado!





Ningún comentario:

Publicar un comentario