30/04/23

Club de lectura de narrativa castelá

Un ano máis a biblioteca do centro puxo en marcha o seu Club de lectura Bibliolocus no que se engloban diferentes clubs de lectura coa súa temática e centro de interese específico.

Este ano contamos con dous clubs de lectura de narrativa en castelán, un club de lectura de narrativa en galego, un club de lectura de poesía, e dous clubs de lectura de memoria democrática.

Ademais, este curso incorporamos algunhas novidades: O club de lectura de narrativa galega é un club intercentros xunto co IES de Forcarei, un dos clubes de lectura sobre memoria democrática é un club de lectura dixital a través da plataforma e-Twinning cun instituto de Portugal, e o outro club de lectura de memoria democrática incorpora roteiros literarios polos escenarios de cada novela. 

Deixámosvos a seguir fotografías dos dous clubs de lectura de narrativa e animámosvos a que o próximo curso vos unades a algún dos clubs existentes ou propoñades un do voso gusto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario