22/05/23

Coñecendo o patrimonio da Prehistoria e Idade antiga de Galicia

 Os alumnos e alumnas de 1º de ESO da materia de Xeografía e Historia realizaron dúas excursións ao longo do curso para coñecer a Prehistoria, Historia antiga e Idade Media de Galicia.

A primeira excursión tivo lugar na primeira avaliación e nela o alumnado visitou o Dolme de Dombate, o Castro de Borneiro e o Castelo de Vimianzo.

Na segunda excursión, realizada na terceira avaliación, os alumnos e alumnas visitaron a cidade de Lugo e o Castro de Viladonga.

Desta xeito o grupo puido relacionar a historia global coa historia de Galicia e da contorna próxima. Estas excursións complementáronse cunha saída para visitar os petróglifos de Ames, e o traballo de investigación sobre a Prehistoria e a Historia antiga en Ames, que tivo lugar como parte do proxecto Educación patrimonial, do Plan Proxecta

Ningún comentario:

Publicar un comentario