17/05/23

Día das letras galegas 2023

O 17 de maio de 2023 celebrarase a 60 edición do Día das letras galegas, unha celebración creada pola Real Academia Galega para dar visibilidade a escritores e escritoras en lingua galega.

Este ano o Día das letras galegas está adicado a Francisco Fernández del Riego, que foi tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaista e editor.

A Real Academia de Galicia preparou unha serie de vídeos adicados ao autor. Deixámosvos a seguir o primeiro vídeo da serie. Se queredes ver os outros vídeos da serie, premede aquí.


O Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia tamén ofrecen información sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego que podedes consultar premendo aquí e aquí.

Deixámosvos a seguir diferentes vídeos de música en galego que podedes escoitar con motivo do Día das letras galegas.


Neste ano 2023 chegaron novas propostas musicais como as de Fillas de Casandra.


Outros artistas xa coñecidos publicaron novas cancións, como é o caso de Sés, ou Xoel López e Baiuca.



Tanxugueiras: Calquera momento é bo para escoitar o grande éxito das Tanxugueiras, Terra.


Guadi Galego: Sálvora, o tema principal da película La isla de las mentiras.


Tamén podedes ver o vídeo doutra canción de Guadi Galego: Cólico. Gañadora do Certame Ari(t)mar 2021 de música galega e portuguesa.

Abe Rábade presentou o 21 de xaneiro o proxecto audiovisual Piano solo entre árbores


Kérkennai publicou o vídeo da súa canción Fiestra sobre a cidade.

Laura Lamontagne e DJ Pico Amperio, publicaron un disco no que reinterpretan en versión electrónica a tradición lírica galego-portuguesa. Aquí vos deixamos Avelaneiras floridash


Boyanka Kostova, son os pioneiros da música trap en Galicia. Podedes ver o vídeo da canción Leiraz.


Podedes escoitar o album de Verto titulado Embora, en homenaxe ao Banquete de Conxo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario