19/05/23

Patrimonio no faiado III

Os alumnos e alumnas de 4º ESO A e B remexeron polo faiado da casa na procura de obxectos da familia que consideran relevantes para eles mesmos e tamén para a súa familia.

Esta actividade foi realizado ao abeiro do programa Educación patrimonial, do Plan Proxecta, e tamén do PFPP Redes de cooperación para a memoria democrática e os dereitos humanos. O traballo tamén se realizou no marco dos Polos creativos.

Deixámosvos unha mostra do patrimonio recuperado e invitámosvos a visitar o Museo virtual KaleidoScapes para coñecer o resto da investigación. Moitos parabéns polo traballo!


Ningún comentario:

Publicar un comentario