18/04/23

Xa temos un servizo de mediación no IESP de Ames!

Ao longo deste curso estivemos traballando desde o centro na creación dun servizo de mediación para resolver conflitos.

Despois de meses de traballo, reunións, intercambio de ideas e moita ilusión, alédanos enormemente anunciarvos que xa está a vosa disposición o servizo de mediación!

Este servizo será ofrecido por un equipo de mediadores e mediadoras, conformado por 26 alumnos e alumnas de todos os cursos de ESO, co apoio dun equipo de coordinación, formado por tres profesores e as dúas orientadoras.

As persoas mediadoras visitarán todas as aulas de ESO na terceira e cuarta hora do xoves, 20 de abril, para dar a coñecer o servizo de mediación e  poder conversar directamente cos alumnos e alumnas. 

Premendo aquí podedes acceder á presentación sobre o servizo e o equipo de mediación. Deste modo poderedes vela con calma e consultar as dúbidas que vos xordan coas persoas mediadoras cando vaian á vosa aula.

Ningún comentario:

Publicar un comentario