25/04/23

Día Internacional do libro

O día 23 de abril, celebramos un ano máis o Día Internacional do Libro. Esta celebración foi creada pola UNESCO en 1995 para fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autoría.

Premendo aquí podedes ver diferentes propostas de actividades para desenvolver neste día tan especial.

Neste día tamén se concede anualmente o Premio Cervantes a un escritor ou escritora que se considere especialmente relevante para a difusión da lingua castelán. O Premio Cervantes 2023 recaeu no poeta venezolano Rafael Cárdenas.

O equipo da biblioteca, incluíndo os alumnos e alumnas voluntarias realizarán unha solta de libros que estará dispoñible na entrada do instituto. Tamén distribuiremos libros e xogos nas mesas do xardín N e a fraga NW para que poidades xogar nos recreos. Animádevos a participar!!!  Tamén podedes visitar a exposición de novidades bibliográficas no Espazo Maruxa Mallo e pedir en préstamo as novidades que máis vos interesen. 




Animádevos a participar!!! 

Tamén podedes visitar a exposición de novidades bibliográficas no Espazo Maruxa Mallo e pedir en préstamo as novidades que máis vos interesen. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario