10/04/23

Viaxe a Turquía

 Os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato da materia de Debuxo realizaron unha viaxe a Turquía organizada polo Departamento de educación plástica e visual.

A viaxe estendeuse desde 29 de marzo ata o 5 de abril e nela visitaron lugares tan emblemáticos como a praza de Sultanahmet incluíndo Santa Sofía, Milliyon, Cisterna subterránea de Yerebatan, Hipódromo e Mezquita Azul (Sultan Ahmet Camii), o Gran Bazar (Kapalı Çarşı), a Columna de Constantino (Çemberli Taş), a mezquita e praza de Beyazit entre moitos outros.


Ningún comentario:

Publicar un comentario