23/03/23

Día mundial da auga

O día 22 de marzo celébrase o Día mundial da auga co obxectivo de concienciar á cidadanía do problema da escasez e non potabilidade da auga en moitas zonas do planeta e a necesidade de resolver ese problema.

Como todos os anos, no noso centro realizamos diferentes actividades para celebrar ese día desde o proxecto Patio con(vida), do Proxecto Terra e Plan Proxecta

Estas actividades concentráronse no contorno da charca en consistiron no seu acondicionamento e na análise da calidade da agua para garantir que siga a ser un lugar axeitado para o desenvolvemento da flora e a fauna.

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO da materia de Xeografía e Historia comprobaron que coa primavera están a medrar as plantas acuáticas e tamén a aumentar a microfauna da charca que, á súa vez, atrae outros animais, como os paxaros. Tamén documentaron na cámara de detección de movemento como os ourizos remataron o seu período de hibernación e volven visitar a charca en busca de auga e alimento.

Aproveitamos tamén este día para colocar dous comedoiros con sementes para os paxaros. Os comedoiros están feitos reaproveitando a parte exterior dun coco. Gústanvos?



Ningún comentario:

Publicar un comentario