O día 25 de maio, os alumnos e alumnas de 1º ESO A, da materia de Xeografía e Historia, visitaron os petróglifos de Monte do Castelo e Peneda Negra, en Ames da man de Luis Leclere, membro do Colectivo A Rula.
Esta actividade enmárcase no programa Educación Patrimonial, do Plan Proxecta da Consellería de Educación, no que os alumnos e alumnas están a investigar sobre a paisaxe prehistórica e clásica do concello de Ames. O alumnado puido observar como os petróglifos se sitúan na zona pola que discorría o trazado orixinal do camiño de Santiago a Fisterra, o que evidencia unha continuidade do uso da paisaxe entre a Prehistoria e a Idade Media. Coa recuperación do camiño na actualidade mudouse o trazado por mor dos cambios na paisaxe orixinados polo ser humano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario