28/02/23

Rutas literarias por Santiago de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela vén de crear unha web chamada Compostela literaria con diferentes rutas por Compostela relacionadas con diversos autores e autoras ligadas á cidade e escenarios de obras literarias ou escritores e escritoras ligadas á cidade. 

A web recolle roteiros relacionados con Rosalía de Castro, Federico García Lorca, Carlos Casares, Emilia Pardo Bazán, Xela Arias, Anxel Casal, Berta Dávila, Inma López, Airas Nunes, Torrente Ballester, entre outros.

Entre os escenarios de obras literarias están as rutas as protagonizadas por Abad e Barroso da man de Arantza Portables.

A web conta tamén con recursos lúdicos como xogos didácticos ou un escape city, e convida á cidadanía a participar enviando microficcións ambientadas en Compostela ou referencias sobre as rutas propostas ou outras novas.

Animádevos a participar nestes percorridos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario