22/02/23

Día de Rosalía

O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro, coincidindo co aniversario do nacemento da autora. Un ano máis, no centro aproveitamos para homenaxear a Rosalía e gozar da súa obra.

A seguir podedes ver unha fotografía do monumento a Rosalía de Castro na Alameda de Santiago tomada polos alumnos e alumnas de 4º ESO B Javi, Laura, Rosalía, Sara como parte do seu traballo de investigación sobre o monumento e a autora, realizado na materia de Xeografía e Historia. Tamén podede ver diferentes interpretacións plásticas  moi creativas do rostro de Rosalía de Castro realizado polos alumnos e alumnas de 1º de ESO da materia de Lingua Galega e Literatura.


Podedes sacar unha foto coa nosa admirada Rosalía na entrada do centro, tal e como fixeron os alumnos e alumnas de 4 ESO A. Tamén podedes facer a foto cunha máscara de Rosalía como vemos nas diferentes fotografías de profesorado e alumnado.





Para Coñecer mellor a obra de Rosalía, podedes achegarvos ver a exposición  de bibliografía e filmografía dispoñible no espazo Maruxa Mallo no primeiro andar en fronte da biblioteca. Non dubidedes en reservar calquera das interesantes obras que alí se expoñen.


Ademais da información dispoñible no centro, podedes coñecer máis sobre Rosalía de Castro vendo o filme Contou Rosalía, dirixido por Zaza Ceballos e estreado en 2018, que trata sobre a vida da poeta en Madrid. Premede aquí para ver o tráiler da película.

Para saber máis sobre a celebración do Día de Rosalía podes consultar o sitio web da Casa Museo de Rosalía de Castro premendo aquí. Este sitio web vén de incorporar, unha visita virtual á casa de Rosalía, que podedes ver premendo aquí

Se o que vos apetece é unha andaina, podedes facer a ruta cultural As pegadas de Rosalía. Esta ruta ten como obxectivo achegar a vida de Rosalía a toda a poboación.

Ao longo desta ruta cultural, baseada no percorrido deseñado polo intelectual Avelino Abuín de Tembra, poden visitarse os lugares emblemáticos da vida e do legado literario de Rosalía de Castro. 

Se queres saber máis sobre esta ruta podes ir ao sitio web oficial da ruta e tamén premer aquíaquí aquí.



Deixámosvos unha ligazón a un tráiler da curtametraxa A rosa incandescente, de Anxos García, que se estreou en febreiro de 2022:


E de lectura de poesía a poesía musicada, propoñémosvos unha escolma de versións musicadas de poemas de Rosalía de Castro na que hai unha gran variedade de estilos:

Mallou: Os bos amores

 
Sabela: Negro caravel

Amancio Prada: Adiós ríos, adiós fontes


Carlos Núñez e Luz Casal: Negra sombra


Abe Rábade e Guadi Galego: A xustiza pola man


Narf e Uxía: Bos amores


Nayla Shami: Camiño branco (versión de Dende aquí vexo un camiño)

Evoeh: Ora, meu neniño, ora


Dioivo: Sempre pola morte esperas

Ningún comentario:

Publicar un comentario