07/03/23

Día Internacional da muller

O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, orixinalmente denominado Día Internacional da Muller Traballadora. Nesta data conmemórase a loita da muller pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro en igualdade co home, e reivindícase esa igualdade, pois aínda non foi conseguida. 

O Día Internacional da Muller foi institucionalizado pola ONU en 1977, mais foi creada moito antes, no 1910 pola II Internacional Socialista de Traballadores e Traballadoras, seguindo a proposta de Clara Zetkin, Käte Duncker e Paula Thiede entre outras persoas.


Para conmemorar este día hai unha morea de actividades que podedes facer tanto desde o centro educativo como a cargo do concello de Ames ou do concello de Santiago.

A Cidade da Cultura propón un intercambio de libros centrados na muller:


No espazo Maruxa Mallo podedes visitar a exposición de libros e películas con temática feminina. Tamén podes facer unha fotografía no photocall violeta cedido polo concello de Ames e situado na entrada principal do instituto, xunto con información sobre a orixe do Día Internacional da Muller. 
Tamén podedes realizar as diferentes actividades das que nos informa o equipo de Orientación.


Á cor violeta que adorna o interior do instituto súmasalle o violeta do eido do noso centro que nos traen as primeiras violetas (Violeta riviniana) que comezaron a florear anunciando a primavera.


A seguir podes ver diferentes vídeos e cancións centradas na muller. No vídeo Las que faltaban, das integrantes de Mafalda, grabado durante a xira de Malfalda La última vez que te escucho reflexiónase sobre o motivo da falta de mulleres nos palcos e en traballos relacionados cos palcos e o espectáculo. Trátase dun relato colectivo do que é ser muller no ámbito musicial.


Propoñémosche o reto de recoñecer o maior número posible das mulleres que saen no vídeo da canción La otra mitad, de Pilu Verver.


As fillas de Casandra grabaron o disco Acrópole centrado nas mulleres. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario