27/01/23

Coñecendo as aves nas dunas de Corrubedo

O día 27 de xaneiro os alumnos e alumnas de 1º ESO A da materia de Xeografía e Historia realizaron unha Saída de observación de aves no Parque natural de Corrubedo: Lagoa de Vixán, Praia Ladeira e Gran duna. Esta actividade encádrase dentro do proxecto Patio con(vida), que estamos a realizar no centro ao abeiro do ProxectoTerra, do Plan Proxecta.

Esta visita foi guiada polos ornitólogos da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/Birdlife), Encarna e Gustavo.  O alumnado puido ver unha ampla variedade grazas ao uso de prismáticos e telescopios, consultaron a guía de aves da zona e elaboraron o seu propio diario de campo. Aquí podedes ver a listaxe de aves observadas. 25 especies diferentes! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario