O 11 de febreiro celébrase o Día internacional da muller e a nena na ciencia, que promove a igualdade na ciencia, é dicir, o aproveitamento do talento de toda a poboación. Isto é de vital importancia nunha época na que a Ciencia e a Tecnoloxía son decisivas para atopar solucións a moitos dos retos aos que se enfronta a humanidade, tales como a crise enerxética, medioambiental, alimentaria ou financeira.
Ao abeiro do Día Internacional da muller e a nena na ciencia, o 11 de febreiro desenvolveuse na Facultade de Física da USC unha masterclass sobre física de partículas a cargo da IGFAE -Instituto Galego de Física de Altas Enerxías- e o CERN -Organización Europea para a Investigación Nuclear-).
A esta masterclass asistiron dúas alumnas de 1º de bacharelato da materia de Física e Química: Noa Díaz e Sara García.
O Colexio oficial de químicos de Galicia publica o libro Mulleres na química. Premede aquí para acceder á versión dixital en galego, e visitade a exposición Mulleres na química, realizada tamén polo Colexio oficial de químicos de Galicia e que está dispoñible no espazo Maruxa Mallo en fronte da biblioteca.
Hai moitas iniciativas levadas a cabo por mulleres científicas que poden ser do voso interese, como a canle de Youtube Deborahciencia ou a sección en Twich Balea Vermella.
Tamén no espazo Maruxa Mallo, podedes visitar a exposición sobre novas, libros e películas en volta da muller e a nena na ciencia. Se non atopades o libro que buscades, non dubidedes en facer unha suxestión para telo dispoñible axiña no centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario