Este ano celébrase a XIII edición do Día da Ciencia en Galego. Esta celebración realízase ao longo de todo o mes de novembro e ten por obxectivo dar a coñecer a ciencia realizada en lingua galega.
Este ano está dedicado a Ángeles Alvariño, zoóloga, oceanógrafa e mestra galega. Esta investigadora destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño, polo seu coñecemento dos quetógnatos e por crear novos indicadores das condicións mariñas.
Podedes ver máis información relacionada co Día da ciencia en galego premendo aquí e aquí. Tamén podedes ver os vídeos de Cienciaclip e de Xeoclip e escoitar episodios do programa Efervesciencia.
Tamén, coma sempre, podedes visitar a exposición sobre bibliografía e filmografía relacionada coa ciencia en galego e reservar aquela lectura, documental ou película que máis che interese.
Ningún comentario:
Publicar un comentario