05/11/22

Novas voces para a lingua

A Real Academia da Lingua Galega (RAG) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) crearon o proxecto Novas voces para a lingua para dar visibilidade e promover o uso cotián do galego entre a mocidade e tamén dar a coñecer o traballo de novos creadores audiovisuais.


Este proxecto comeza unha nova edición baixo o lema Superheroínas, que ten como protagonistas a mulleres novas referentes sociais como son a cociñeira Lucía Freitas, a poeta Alba Cid, a cantante Andrea Pousa, a creadora de videoxogos Laksmy Irigoyen, a xornalista Esther Estévez, a instagramer Paula Jorge Horta e a fotógrafa Antía Castro.

A seguir podes ver dúas pezas, unha da anterior edición e outra da nova. Se queredes ver todas as pezas preme aquí:


Ningún comentario:

Publicar un comentario