16/11/22

Plantando árbores con pinceis

O día 9 de novembro os alumnos e alumnas de 1º de ESO A das materias de Xeografía e Historia e Educación Plástica2º ESO G do Ámbito Científico, e 4º de ESO A e 4º B da materia de Xeografía e Historia, participaron na actividade  Plantando árbores con pinceis organizada por A Fundación en colaboración con A Vella Escola. 

Esta actividade dividiuse en dous obradoiros de pintura. Nun deles, os alumnos e alumnas de 4º de ESO A e B realizaron un mural no patio cuberto occidental sobre diferentes plantas e animais documentados no eido do centro. No outro obradoiro, os alumnos e alumnas de 1º de ESO A e 2º de ESO G pintaron bolsas de tea con temática relacionada co medioambiente.

En ambos obradoiro se utilizou pintura fotocatalítica, unha pintura especial que ao entrar en contacto coa luz absorbe CO2. Os estudos indican que unha zona pintada de 1m2 absorbe tanta contaminación como unha árbore adulta... e o bo é que non temos porque elixir, podemos pintar con pintura fotocatalítica e ademais plantar unha árbore!

Para o obradoiro de pintura de bolsas, os alumnos e alumnas deseñaron na clase con antelación o motivo que querían pintar nas bolsas, e durante o obradoiro reproduciron sobre a tea ese deseño previamente realizado. Mirade que resultados tan espectaculares!

Os alumnos de 4º de ESO A e B tamén deseñaron varias propostas que foron despois unificadas e reinterpretadas por A Vella Escola no deseño que se realizou sobre a parede.


A realización do mural supuxo un grande reto xa que tivo que levarse a cabo por riba dunhas pintadas previamente existentes na parede seleccionada. A seguir podedes ver algunhas fotos do traballo e do resultado final:






Ningún comentario:

Publicar un comentario