26/11/22

I Feira de Ciencia no IESP de Ames

Este curso contamos no centro cun Club de Ciencia constituído ao abeiro do programa de innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidades.

O club, promovido desde os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía e formado por alumnos e alumnas dos diferentes niveis educativos do centro leva traballando arreo desde comezo de curso para ter lista unha primeira actividade de luxo: a I Feira da Ciencia no IESP de Ames, que tivo lugar con motivo da Semana da Ciencia


Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO, o alumnado das materias de Ciencias aplicadas e Cultura científica de 4º de ESO, e os alumnos e alumnas de 2º de FPB tiveron o privilexio de visitar esta feira e experimentar con diferentes reaccións químicas, magnetismo, electricidade, efectos de presión, visualización de células e intelixencia artificial. A feira tamén ofreceu unha zona de pompas virtuais para que os visitantes se divertisen un anaquiño.

Ademais dos alumnos e alumnas, tamén visitaron a feira o profesorado, equipo de orientación e equipo directivo.

Moitos parabéns científicos e científicas por esta interesantísima feira!




Ningún comentario:

Publicar un comentario