Un ano máis, a comunidade educativa do IESP de Ames se implicou no Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller cunha manchea de actividades e accións conmemorativas para poñer de manifesto o noso compromiso coa igualdade de xénero e o rexeitamento máis absoluto de todas as formas de violencia contra a muller.
Podedes ver a seguir o vídeo que resume as excelentes actividades que realizamos nos centros. Todos os alumnos e alumnas realizaron unha actividade na hora de titoría, ademais, os alumnos e alumnas da materia de Igualdade de Xénero de 2º de ESO escribiron un manifesto que leron ao resto da comunidade educativa, e os alumnos e alumnas de Educación Física de 1º de bacharelato realizaron unha coreografía que interpretaron para toda a comunidade educativa a continuación da lectura do manifesto. Moitos parabéns polo voso traballo!
Lembrade tamén que podedes dar unha olladela nos libros sobre igualdade de xénero que están expostos no espazo Maruxa Mallo enfronte da biblioteca e coller en préstamos aqueles que vos interesen.
Deixámosvos algúns vídeos que tratan o tema da discriminación da muller e a violencia contra ela.
PremendoTVE publica "Mil mujeres asesinadas", un especial interactivo que homenaxea e relata as vidas de mulleres asasinadas pola violencia de xénero. Este proxecto foi homenaxeado co Prix Europa. Podedes ver un teaser do proxecto neste enlace. neste enlace.
Moito se está a reflexionar sobre a educación e a presión social tradicional nos homes que deriva en comportamentos machistas e como esa educación e actitude social se está a cuestionar. Isto recóllese no documental Clonar a un hombre, dirixido por Iván Roiz, e Serás un hombre, de Isabel de Ocampo, gañadora dun premio Goya ao mellor documental.
A seguir podedes ver o documental Clonar a un hombre completo, e un tráiler do documental Serás un hombre.
Tamén podedes ver o vídeo 48 cosas que los hombres escuchan a lo largo de su vida e 48 cosas que las mujeres escuchan a lo largo de su vida.
Que significa facer algo como unha nena? Por que se utiliza esa expresión como algo despectivo ou ridiculizante? Usas ti esa expresión ou ouvíchela usar a alguén algún vez?
Hai anos foi iniciado un blog de micromachismos cotiás por Eldiario.es. Na actualidade o concepto de micromachismo é coñecido por todos e todas. Podedes ver uns vídeos sobre micromachismos e consultar exemplos de micromachismos aquí e aqui.
Ningún comentario:
Publicar un comentario