Hoxe os alumnos e alumnas de 1º ESO G da materia de Paisaxe e sustentabilidade analizaron os primeiros vídeos tomados pola cámara de movemento que instalamos o día 31 de maio.
A cámara captou varias aves (unha pega marza ou gaio, unha merla alimentando á súa cría, un tordo, un paporrubio, un pombo torcaz), dous gatos e un ourizo.
O visionado das imaxes da cámara permitiunos decatarnos de que as pedras que rodean a charca están actuando como barreira para que os ourizos poidan acceder á auga da charca, polo que retiramos parte desas pedras, como podedes ver na segunda fotografía.
Con esta nova, poñemos fin á edición do proxecto por este curso e desexámosvos que teñades un moi feliz verán sostible!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario