16/06/22

Móbiles de sangue

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO da materia de Cultura científica realizaron unha  investigación sobre a explotación do coltán na República Democrática do Congo. Esta investigación foi coordinada pola profesora Carlota Paz.

O grupo invítavos a que coñezades os resultados do seu estudo no que explican como é extraído o coltán na República Democrática do Congo por adultos e nenos en réxime de escravitude. Podedes acceder á información a través dun vídeo, un tríptico informativo, e o cartaz que podedes ver a seguir. 

Dámoslle os parabéns aos alumnos e alumnas polo excelente traballo e animámosvos a que consultedes este material e que reflexionedes acerca do tema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario