01/06/22

Premios literarios

Durante este curso, varios alumnos e alumnas recibiron importantes premios literarios. Desde a Biblioteca queremos darlle a nosa máis sinceros parabéns e animalos a que sigan escribindo e compartindo connosco os seus éxitos.

Carla Crespo Berdullas, alumna de 1º de bacharelato, recibiu o 1º Premio de poesía na 50 edición dos Premios Minerva, organizados polo Colexio Peleteiro, de Santiago de Compostela. Podedes ler a entrevista realizada por La Voz de Galicia premendo aquí.



Comba Vilar Castro, alumna de 1º de ESO, gañou o 1º Premio do XIX Certame literario do concello de Ames, organizado polo Concello de Ames. Podedes atopar máis información premendo aquí e aquí.


Juan Cañizo González-Elipe, alumno de 1º de bacharelato, gañou o 3º Premio de narrativa, no XXXI Concurso literario Esteban Manuel de Villegas, organizado polo IES Esteban Manuel de Villegas, de La Rioja. 

Juan realizou unha presentación do relato ao alumnado de 4º de ESO B e ao club de lectura de memoria histórica. Podedes ver a nova premendo aquí.


Ningún comentario:

Publicar un comentario