O 16 de maio celebrouse o Día Internacional da Convivencia en Paz. Para conmemorar este día, os alumnos e alumnas de 4º ESO B aisistiron á presentación do relato Raíces de cristal, escrito por Juan Cañizo González-Elipe, alumno de 1º de bacharelato A.
Esta actividade realizouse ao abeiro do proxecto de Memoria democrática e dereitos humanos, e do proxecto de Educación Patrimonial, do Plan Proxecta.
Juan gañou, con Raíces de cristal, o 3º premio no XXXI Concurso Literario Esteban Manuel de Villegas, organizado polo IES Esteban Manuel de Villega, de La Rioja.
O relato conta a historia de María Baamonde, unha moza que con 20 anos descubre que os que consideraba o seu país, as súas raíces e a súa familia non o son.
Con este punto de partida, o relato trata o tema dos chamados Nenos de Rusia, fillos e fillas de familias demócratas que enviaron aos seus fillos á Unión Soviética para salvalos dos horrores da Guerra Civil española e garantirlles un futuro en paz.
Dámoslle moitos parabéns a Juan polo seu fantástico relato e pola extraordinaria presentación, e agardamos impacientes por novas aventuras destes personaxes... ou doutros novos!
Se queredes saber máis sobre os Nenos de Rusia podedes ver o documental Niños de Rusia, realizado por Jaime Camino en 2001.
Ningún comentario:
Publicar un comentario