14/06/22

Humanismo e Ilustración

 Aínda que o curso está a piques de rematar, sempre hai novas exposicións e actividades no centro. A partir de hoxe, podedes visitar a exposición Humanismo e Ilustración realizada polos alumnos e alumnas de 3º ESO B e E, e 4º A, C e D, da materia de Xeografía e Historia e Economía. O alumnado de 3º de ESO encargouse da sección de Humanismo, mentres que o alumnado de 4º de ESO preparou a sección da Ilustración.

Na exposición podedes coñecer diferentes persoas humanistas e ilustradas e achegarvos ao seu coñecemento, e tamén podedes botar a voar a imaxinación e facer hipóteses de que opinarían estas persoas da vida nos tempos actuais.

O alumnado empregou como base documental para a elaboración da exposición a publicación de Miguel Artola, Textos fundamentales para la Historia, publicado en 2017.

Non deixedes de ir vela!




Ningún comentario:

Publicar un comentario