18/05/22

Día da Educación Física no centro

O día 27 de abril celébrase o Día da Educación Física no centro. Con motivo desta celebración leváronse a cabo diferentes actividades no centro o abeiro do Proxecto Terra e do Proxecto deportivo de centro, ambos pertencentes ao Plan Proxecta.

O alumnado de 1º de bacharelato da materia de Actividade Física e Saúde organizou unha xincana no eido do centro para o alumnado de 1º de ESO E, 2º ESO A e B, 4º ESO B e E, e 1º de Bacharelato C e D. O alumnado percorreu diferentes estacións nas que tivo que facer actividades variadas relacionadas coa actividade deportiva (baile, fútbol, baloncesto, parkour.)  


Os alumnos e alumnas de 1º de ESO C, D e G das materias de Hábitos saudables, Matemáticas, e Paisaxe e sostibilidade, participaron nunha xincana polo eido do centro.

Os alumnos e alumnas tiveron que orientarse polo eido, atopar diferentes fitos e realizar probas relacionadas coas matemáticas, a educación física e a sostibilidade.



Todos os grupos fixeron un excelente traballo e o equipo gañador foi o formado por Elba, Jorge, Lucía e Xián, de 1º ESO G. Moitos parabéns ao equipo gañador e a todos os equipos participantes!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario