18/05/22

A Xeración Nós, Alexandre Bóveda e a represión franquista

O día 21 de abril, os alumnos de 3º de ESO, 4º de ESO e 1º de bacharelato asistiron á charla de Ánxeles Cuña Bóveda, neta de Alexandre Bóveda, titulada Xeración Nós, Alexandre Bóveda e a represión franquista.

Esta actividade realizouse ao abeiro do PFPP de Memoria democrática. Ánxeles Cuña levou aos alumnos e alumnas a unha viaxe pola Xeración Nós e a súa influencia na cultura e desenvolvemento político de Galicia, e pola figura de Alexandre Bóveda, demócrata, galeguista e un dos pais do Estatuto de Autonomía de Galicia. 

A seguir explicou como o golpe de estado rematou co florecemento intelectual, cultural e democrático, asasinou a Alexandre Bóveda e obrigou á maioría dos membros da Xeración Nós a exiliarse.

Ánxeles Cuña amosou fotografías do álbum familiar de Alexandre Bóveda e tamén algúns dos seus obxectos persoais. Ao final da presentación o alumnado fixo preguntas e conversou coa relatora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario