03/05/22

Dinamización do xardín norte

O xardín norte é un espazo un pouco esquecido pola comunidade educativa, por iso, os alumnos e alumnas que están a participar no proxecto Patio con(vida), ao abeiro do Proxecto Terra, decidiron dinamizalo e invitar a todos e todas a que desfrutedes del.

As plantas do xardín xa foron catalogadas e estamos agardando a poder sinalizalas, tamén colocamos dúas mesas para que poidades usalas para o que precisedes, e creamos unha zona de exposición ao aire libre.

As mesas tiveron moito éxito e chegaron a pouco. Ademais de querer usar as mesas en horas de lecer tamén nos transmitistes o desexo de poder utilizar o espazo do xardín como unha segunda aula exterior, polo que para o vindeiro curso incluiremos dúas mesas máis.

Esperamos que vos guste este espazo e non dubidedes en facernos chegar calquera suxestión para podermos crear entre todos un eido máis acolledor e sostible ecosocialmente!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario