03/05/22

Á terceira vai a vencida...

No mes de abril observamos que o plástico da charca rachara nalgunhas zonas. Despois do desgusto inicial, convertimos o atranco nunha oportunidade para mellorar a charca desde o punto de vista medioambiental.

Entre todos os alumnos e alumnas de 1º ESO de Paisaxe e sustentabilidade, substituímos o plástico por lona EPDM, moito máis resistente e sostible desde o punto de vista medioambiental, e tamén aproveitamos para rebaixar un pouco a altura dun dos lados da charca de xeito que poidamos crear unha zona húmida fóra da charca e que sexa máis accesible para os animais. 

Como na vez anterior, antes de reemplazar o plástico, recollidos todo o limo existente e volvimos introducilo na nova charca, xunto cos lirios que, por certo, xa están floreando.

Aquí vos deixamos algunhas fotos do proceso de arranxo da charca. Esperamos que a terceira vaia a vencida e non se volva estragar a charca!


Unha vez rematada a charca, os alumnos de 1º ESO de Matemáticas calcularon o volume da charca empregando os seus coñecementos de xeometría e proporcionalidade. E imaxinades cantos litros de auga calcularon que ten a charca? 800 litros!!! Impresionante, non si?

Ningún comentario:

Publicar un comentario