Compartimos convosco a triste noticia do falecemento do escritor Domingo Villar, o 18 de maio, aos 51 anos.
Domingo Villar escribiu a famosa serie de novela protagonizada polo inspector Leo Caldas. Nesta serie publicáronse tres obras, Ollos de auga, A praia dos afogados, e O último barco, recoñecidas a nivel galego, nacional e internacional, e o autor estaba a escribir a cuarta entrega.
Desde a Biblioteca expresamos a nosa tristeza por este pasamento e agradecemos ao autor todos os bos momentos que nos fixo pasar coa súa obra. Podedes ler máis sobre o autor premendo aquí, aquí e aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario