15/05/22

Charla da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

O día 26 de abril, os alumnos e alumnas de 1º de ESO G da materia de Paisaxe e sostibilidade recibiron a visita de Eugenia e Elena da Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística, coas que charlaron sobre paisaxe, planificación do territorio e urbanismo. Esta actividade foi organizada polo Proxecto Terra, cuxa coordinadora, Sabela Girón, tamén asistiu á presentación.

Ademais, os alumnos e alumnas participaron nunha actividade na que tiveron que tomar decisións sobre planificación do territorio e situación de diferentes elementos na paisaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario